Obradoiro |
A16 A21 A22 A23 A25 A26 C2 C3 C4 C6 C7 |
Valorarase a participación individual ou colectiva nas distintas actividades que se indiquen. |
30 |
O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante os apartados establecidos de forma xeral, o que terá unha ponderación do 40% esixíndose, en cada un dos apartados, unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10. Neste caso, ademais, deberá realizar unha proba individual que terá unha ponderación do 60%. Os seguintes aspectos afectarán negativamente a cualificación nos traballos escritos: - Deficiencias ortográficas.
- Redacción inconexa ou inadecuada.
- Presentación deficiente.
- A detección de plaxio supoñerá a cualificación de 0. En caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.
Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sustentable. Atendendo a isto, a presentación dos traballos será en formato dixital.
|