Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Ensino das ciencias da natureza |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Ensino das ciencias da natureza | Código | 652G01019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A32 A33 A36 A38 A40 A41 B5 B6 B10 B11 B12 B17 B18 B25 C1 | Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros | 40 |
Proba mixta | A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 | Realizarase ao rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceptuais, habilidades procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e criticamente, etc. | 40 |
Aprendizaxe colaborativa | A32 A33 A36 A38 A39 A40 A41 B1 B2 B3 B5 B6 B10 B11 B12 B13 B16 B17 B18 B25 C1 C3 C4 C8 | Valorarase a participación nas tarefas realizadas nas sesións interactivas e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. Ademais tamén se valorará a participación, o interese, a capacidade de razoamento, a actitude positiva, etc. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade (maio/xuño). Alumnado que acude ao 80% das sesións interactivas: A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:
Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos apartados (sesións interactivas, traballos tutelados e proba individual). A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa. Tanto o alumnado que non acude ao 80% das sesións interactivas, os estudantes con dispensa pola súa situación de vulnerabilidade debido a COVID-19 como o que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012): Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primiera semana de clase. A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:
Segunda oportunidade (xullo). A avalicación farase do mesmo xeito que na oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se teñan suspensos (tarefas das sesión interactivas, traballos tutelados e/ou proba escrita individual). Tanto no caso dos asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas ou con dispensa académica, a cualificación final será en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas tarefas, traballos tutelados e a proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada. NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES: · A cualificación de sesións interactivas e traballos tutelados só se gardarán durante un curso académico. · Os erros ortográficos nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final. · O plaxio detectado nos traballos de avaliación entregados será motivo de suspenso na asignatura. |
|