Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Didáctica da expresión musical |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da expresión musical | Código | 652G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A53 A54 A55 A56 B1 B22 C3 C5 C7 | Ao tratarse dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a disposición de integrarse nun proxecto destinado á obtención de resultados. É imprescindible asistir a un mínimo de 8 prácticas correctamente realizadas para obter a cualificación de aprobado (5 puntos). A partir das 8 prácticas obrigatorias sumarase 1.25 puntos por cada asistencia, podendo chegar á máxima cualificación asistindo a 12 sesións. En casos excepcionais, poderá recuperarse algunha clase tras un previo consenso co profesorado. |
10 |
Traballos tutelados | A19 A54 A55 B1 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B19 B22 B24 B25 C3 C5 | No proceso de avaliación observaranse as seguintes normas: • No caso de que algúns grupos conten con poucos membros, poderían unirse sen exceder o número de sete integrantes. • O traballo escrito terá unha extensión entre sete e dez caras. • Cada presentación escénica terá unha duración entre catro e seis minutos. • Tanto o traballo escrito como o vídeo, serán entregados a través da plataforma informática que se indique. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos: • Orixinalidade. • Creatividade. • Utilidade práctica e viabilidade. • Adecuación ao currículo de Educación Primaria. • Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos. |
30 |
Sesión maxistral | A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 B23 C7 C5 | Realizarase unha proba escrita que podería conter: 1. Preguntas de resposta breve. 2. Preguntas tipo test. 3. Preguntas abertas. 4. Exercicios prácticos. |
20 |
Proba mixta | A56 B1 B21 B22 B25 | Realizaranse as seguintes probas prácticas: 1. Dictado musical (30 %) 2. Expresión vocal (35 %) 3. Expresión instrumental (35 %) |
20 |
Prácticas a través de TIC | A53 A54 A56 B1 B4 B9 B11 B12 B19 C3 C8 | Os exercicios teóricos, prácticos e de creación musical entregaranse nos formatos dixitais correspondentes a cada caso. Valorarase o emprego correcto das ferramentas básicas de cada aplicación, o que se verificará a partir do acabado final dos traballos. Os traballos poderían abarcar, entre outras, as seguintes modalidades: 1. Manexo de editores de partituras. 2. Manexo de editores de audio. 3. Deseño de exercicios de percusión corporal. 4. Realización de exercicios teórico-prácticos de linguaxe musical 5. Exercicios auditivos a partir de aplicacións pechadas ou titoriais. |
20 |
Observacións avaliación | |||
De acordo á participación presencial do alumnado, a avaliación presenta OPCIÓN A: Alumnado con asistencia igual ou superior ao 80%: 1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha OPCIÓN B: Alumnado con matrícula en réxime de estudos a tempo parcial ou 1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha 2. Debido as súas características, os 3. O alumnado que non poda realizar as prácticas individuais (proba mixta), 4. Considerando que o Obradoiro consiste na interpretación instrumental e vocal Os seguintes aspectos afectarán negativamente a cualificación, tanto nos exames como nos traballos:
Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha Para non interferir no desenvolvemento do resto das materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos corredores e noutras áreas comúns da facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado resérvaa da aula de usos múltiples (cando sexa posible e estea libre), co fin de realizar os ensaios de frauta e da coreografía nese espazo. |
|