Será obrigatoria a asistencia ás clases expositivas e interactivas. Será considerado alumnado asistente aquel que asista a un mínimo do 80% das sesións, tanto expositivas como interactivas.
Nas clases interactivas, o alumnado que se acolla á condición de asistente terá que entregar un portafolios coas actividades realizadas. Este portafolio computará un 40% (4 puntos) da avaliación final. Nas clases expositivas, aquel alumnado que se acolla á condición de asistente será avaliado mediante unha proba obxectiva (test) que computará o 50% (5 puntos) da avaliación final. Para superar a materia é necesario que o alumnado teña obtido un mínimo de 2 puntos no portafolios de actividades interactivas e de 2,5 na proba obxectiva.
Aquel alumnado que asista a menos do 80% das sesións expositivas e interactivas será avaliado mediante un exame de contidos teórico-prácticos que computará o 100% da avaliación. Dito exame consistirá na proba obxectiva cos contidos impartidos nas sesións expositivas e una proba práctica baseada nos contidos abordados nas sesións interactivas.
Así mesmo, aquel alumnado a tempo parcial terá dereito a solicitar a dispensa académica, segundo recolle o apartado 5 do artigo 4 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016):
Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar aos Decanos e Directores dos
centros responsables da súa titulación a dispensa académica que lles exima da
asistencia a clase daquelas materias, ou partes de materias, nas que se admita a
citada dispensa na súa guía docente; porén en todo caso serán avaliados polo
sistema de avaliación continua . A solicitude de dispensa poderá realizarse no
momento de remitir a documentación xustificativa mencionada no apartado 1 deste
artigo.
O estudantado que teña recoñecida a condición de dispensa académica terá que
efectuar un exame escrito dos contidos teóricos (proba obxectiva) e prácticos (proba práctica baseada nos contidos traballados nas sesións
interactivas). Este exame computará o 100% da avaliación.
Observacións adicionais:
A convocatoria de xullo estará
sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xanerio.