A análise da realidade (variables, necesidades, recursos, procesos de interacción e contextos), así como a súa valoración, son elementos esenciais para o diagnóstico socioeducativo que deben realizar os/as educadores/as sociais como paso previo á toma de decisións de intervención socioeducativa nos diversos contextos nos que poida desenvolver a súa actuación profesional (eido educativo, familiar, laboral e sociocomunitario). A través da materia "Avaliación e Diagnóstico das Necesidades Socioeducativas" abórdanse os procesos de avaliación e diagnóstico desde a perspectiva da prevención e/ou detección das necesidades socioeducativas.
Así, tendo en conta que unha das principais funcións do/a educador/a social é a posta en marcha de intervencións de carácter socioeducativo orientadas a garantir a plena participación da diversidade de individuos que compoñen a nosa sociedade, previamente precísase que este/a profesional dispoña dos fundamentos conceptuais, os procedementos metodolóxicos, as técnicas e os instrumentos que lle permitan analizar a realidade social, indagar sobre os suxeitos e os grupos en situacións socioeducativas complexas, estimar o xeito en que se desenvolverán as actuacións profesionais e tomar decisións orientadas á intervención. Con esta materia preténdese ofrecer una base teórico-práctica do diagnóstico en diferentes contextos da actividade do/da profesional da Educación Social: familia, grupo de iguais, barrio e comunidade, e empregando una ampla variedade de técnicas e instrumentos de recollida de datos. Trátase de dar relevancia á figura do/da educador/a social como realizador/a e interactuante no diagnóstico das necesidades socioeducativas, comprendendo caáles son as súas competencias para lograr una actuación adecuada neste eido.
Contingency plan
1. Modifications to the contents
2. Methodologies
*Teaching methodologies that are maintained
*Teaching methodologies that are modified
3. Mechanisms for personalized attention to students
4. Modifications in the evaluation
*Evaluation observations:
5. Modifications to the bibliography or webgraphy
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.