Proba obxectiva |
A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
A proba obxectiva consistirá no desenvolvemento de varias cuestións de carácter teórico que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. |
60 |
Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións: - Opción A. Para ou alumnado que asiste/participa nas actividades de clase, a avaliación considera 3 partes: a) Traballos tutelados, b) Prácticas a través das TIC e c) Un exame escrito sobre os contidos da materia dividido en dúas partes, unha teórica e outra práctica.
Entenderase que o alumno opta por esta opción ao asistir ás tutorías ou ao entregar algunhas das prácticas ou traballos propostos na clase.
- 1ª Oportunidade: A cualificación final da materia obterase da ponderación da proba obxectiva (60%), traballos tutelados (20%) e prácticas a través de TIC (20%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas en xullo (2ª oportunidade) independentemente da media obtida.
- 2ª Oportunidade: O alumno quedará liberado das partes xa superadas na 1ª oportunidade; é
dicir, deberanse repetir exclusivamente aquelas partes que non obtivesen
unha puntuación de polo menos un 3,5 na 1ª oportunidade. .
- Opción B. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): un exame escrito sobre os contidos da materia (100%). O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá tamén optar á opción A. Só Grao presencial.
Modalidade online:- 1ª Oportunidade. A cualificación final da materia obterase da ponderación das seguintes 3 partes: proba obxectiva (60%), traballo tutelado (20%) e prácticas a través de TIC (20%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas na 2ª oportunidade, independentemente da media obtida.
- 2ª Oportunidade. O alumno quedará liberado das partes xa superadas na 1ª oportunidade; é dicir, deberanse repetir, exclusivamente, aquelas partes que non obtivesen unha puntuación de polo menos un 3,5 na 1ª oportunidade.
|