Os obxectivos docentes da materia Mitoloxía Clásica son dar a coñecer os principais mitos gregos e latinos e as distintas correntes teóricas que trataron de comprendelos e estudalos. Entendida como repertorio e estudo sistemático dos mitos antigos, a mitoloxía representa un aspecto fundamental nos estudos da cultura clásica desde diversos puntos de vista (histórico, antropolóxico, literario, etc.). A súa pervivencia e continua reinterpretación dos mitos ao longo do tempo, ata os nosos días, fan da mitoloxía clásica un referente fundamental da cultura occidental, que se manifesta en eidos tan diversos como a arte, a literatura, o cinema ou a música, entre outros. A todos estes aspectos presta atención a materia Mitoloxía Clásica, cuxo programa se estrutura en dúas partes: unha, máis teórica, que pretende comprender qué é o mito e como foi interpretado e outra centrada na análise dalgúns mitos gregos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas
Traballos tutelados (conta na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: substituída polo uso da plataforma de teleformación (moodle) e sesións virtuais síncronas a través de Teams para a resolución de dúbidas e cuestións.
Aprendizaxe colaborativa: substituída pola realización de tarefas dirixidas.
Proba mixta: substituída polos traballos de avaliación continua que se especifican abaixo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moddle: Cada semana porase a disposición do alumnado un tema cos materiais correspondentes (contidos, presentacións, bibliografía, materiais complementarios). Así mesmo, cada semana o alumnado deberá realizar unha actividade dirixida que se detallará a través da ferramenta "Tarefa" e que se entregará por esa mesma aplicación. Tamén se empregará o foro de novas para comunicacións varias.
Teams: Están previstas sesións síncronas semanais para resolver dúbidas en relación coas tarefas encargadas.
Titoría virtual: Atención permanente por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Realización das tarefas (50%): Entrega das tarefas dirixidas (unha por tema, frecuencia semanal).
Traballos tutelados (50%): Traballo individual tutelado.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as que figuran na guía docente (pero, de ser o caso, so se computará a asistencia ás sesións maxistrais presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial).
A modificación das metodoloxías de avaliación aplicarase a todo o alumnado.
Son condicións para superar a materia: asistir e participar nas actividades programadas; entregar os traballos nas datas que se indiquen; obter un 50% na suma da calificación das actividades avaliables.
A oportunidade de xullo estará sometida ás mesmas condicións que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado terá á súa disposición os materiais dixitalizados en mooddle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías