Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Catalogación Formal de Documentos Electrónicos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Catalogación Formal de Documentos Electrónicos Código 710G02022
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Fernandez Travieso, Carlota
Suárez Golán, Fernando
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
f.suarez.golan@udc.es
Web http://pdi.udc.es/es/File/Pdi/4S46G
Descrición xeral Esta disciplina busca introducir ao alumno nos procesos e técnicas da Análise Documental de recursos electrónicos de especial relevancia dentro do ámbito da Documentación como disciplina científica. Profunda e amplía os coñecementos adquiridos na materia de Análise Documental e céntrase nos seguintes elementos: a) Os conceptos e formulacións teóricas centrais no estudo da catalogacíón asistida dos documentos electrónicos especiais. b) Estudo do marco de normalización con particular atención ao formato MARC 21 c) Aténdese aos procesos catalográficos; abórdanse os seus niveis operativos, e estúdanse os procesos de catalogación descritiva MARC d) Búscase a aplicación práctica do estudado no marco conceptual e metodolóxico técnico.
Plan de continxencia 1- Modificacións nos contidos Trataranse os mesmos temas, aínda que algúns de maneira máis simplificada e/ou a través de tarefas prácticas. 2- Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Portafolios *Metodoloxías docentes que se modifican: - Sesión maxistral (presenciais): substituída por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de noticias de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade en liña para consultas e seguimento do alumnado. - Traballo tutelado: A exposición realizarase a través de Microsoft Teams. Polo demais, mantense a metodoloxía. - Proba mixta presencial: A parte teórica substitúese por unha avaliación síncrona en liña, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo-conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non podan realizar a proba a través dos medios previstos deben comunicar á docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo. Para a parte práctica (o exercicio de catalogación), darase a elixir entre varios recursos posibles e terá que facerse chegar un arquivo co resultado da catalogación e un vídeo/ power point con voz para explicar como se realizou. Ofreceranse pautas específicas ó respecto. - Presentación oral: Desaparece. 3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams, Moodle (retroalimentación formativa das actividades) Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establezase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para videoconferencias a través de Teams.. 4- Modificacións na avaliación -Presentación oral: Peso na cualificación: 0%. A desaparición de parte desta metodoloxía resulta nun aumento do valor do portafolios do 10%. -Portafolios: Peso na cualificación: 35%. Aumenta o seu valor inicial do 10%. Para os alumnos que realizasen presentacións durante as clases presenciais, poderá considerarse como xa conseguido a parte que corresponda desa porcentaxe. En canto aos criterios de valoración, non hai cambios -Traballos tutelados: Peso na cualificación 25%. Non hai cambios. -Proba mixta (agora en liña) 40% En canto ós criterios de valoración non hai cambios. *Observacións de avaliación: As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia. 5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía O material preciso para preparar a materia (apuntamentos, gravacións das clases e/ou referencias web ós textos que son imprescindibles) colgaranse na plataforma moodle ou se dará acceso a eles a través de ligazóns da internet. Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes