Estudo e análise da produción documental das administracións públicas e a xestión dos arquivos administrativos para o seu acceso, uso, avaliación e difusión.
Plan de continxencia
1- Modificacións nos contidos
Trataranse os mesmos temas, aínda que algúns de xeito máis simplificado e/ou a través de tarefas prácticas.
2- Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona on line, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo-conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ós docentes da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo.
- Sesión maxistral (presenciais): substituída por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de novas de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade on line para consultas e seguimento do alumnado.
- Traballos tutelados: A exposición oral prevista pasará a realizarse a través dunha video-conferencia en Teams.
- Presentación oral: Desaparece.
- Portafolios: Incorpórase a posibilidade de realizar dentro desta metodoloxía test en moodle ou Google Forms para controlar o seguimento do temario.
3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams. Moodle (retroalimentación formativa das actividades)
Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establézase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para videoconferencias a través de Teams.
4- Modificacións na avaliación
-Presentación oral: Peso na cualificación: 0%. A desaparición desta metodoloxía resulta nun aumento do valor do Portafolios do 10%.
-Portafolios: Peso na cualificación: 40%. Aumenta o seu valor inicial do 10%. Para os alumnos que realizasen presentacións durante as clases presenciais, poderá considerarse como xa conseguido a parte que corresponda desa porcentaxe. En canto aos criterios de valoración non hai cambios
- Traballos tutelados: Peso na cualificación: 30%. Non hai cambios nos criterios de valoración.
- Proba mixta (on line): Peso na cualificación 40%. Pasará a realizarse a través de medios telemáticos. En canto aos criterios de valoración non hai cambios.
*Observacións de avaliación:
As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia.
5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía
O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) se colgarán na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet.
Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías