A realización de prácticas externas permite o contacto do alumnado co ámbito laboral, coñecendo a realidade das unidades de información, os seus profesionais e usuarios.
-Para a súa realización, tal como figura na Memoria do Grao de Información e Documentación, o estudante debe ter aprobados 180 ECTS.
-O marco lexislativo do Practicum recóllese no Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios. Neste documento defínense os deberes e dereitos do estudante, do titor de prácticas, así como os mecanismos de avaliación e seguimento.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballos tutelados
* Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral. Mantense a metodoloxía e se realizará mediante Teams.
- Prácticas de laboratorio.
A modificación que se describe a continuación está baseada na proposta no documento "Medidas para la finalización del curso académico 2019-2020 y asegurar la calidad docente ante la situación excepcional provocada por la covid-19". Serán tidas en conta tamén as medidas concretas relativas ás prácticas curriculares adoptadas pola Universidade da Coruña durante o curso 2020/2021.
Manteranse as prácticas na modalidade presencial sempre que se garanta que se respetan os parámetros que as autoridades sanitarias requiren. Garantirase que a entidade manteña o plan de formación e titoría coas adaptacións que as circunstancias poidan requirir.
Se non se poden respetar as condicións indicadas, as prácticas deben ser interrompidas e poderán recuperarse noutro período unha vez que se poidan restablecer as condicións para o seu desenvolvemento normal. Garantirase que a entidade manteña o plan de formación e titoría coas adaptacións que as circunstancias poidan requirir.
Se as condicións indicadas no primeiro suposto non existen e a súa recuperación non é factible nun período posterior, consideraranse rematadas. Permitirase a avaliación do alumno que teña completado o 50% das horas inicialmente previstas. No caso de que o número de horas prácticas realizadas polo alumno non chegue a este 50%, o Decanato en coordinación co tutor académico poderá autorizar a avaliación sempre que se garantice que se acadaron os obxectivos formativos previstos e as competencias asociadas coa materia. Con este propósito, as actividades de avaliación previstas inicialmente nos programas poden modificarse, completándose con novos traballos, proxectos, resolución de casos prácticos e outras actividades similares.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico. Atención continua para resolver dúbidas e facer o seguimento do avance.
– Teams. Realización de sesións de resolución de dúbidas do alumnado baixo demanda.
– Moodle. Utilizarase para enviar mensaxes de difusión ao alumnado e para recoller a memoria de prácticas.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación so se modifica no caso de que o número de horas prácticas realizadas polo alumno non chegue a este 50%. Neste caso, o Decanato xunto co titor académico do alumno decidirán se a avaliación se realiza coas horas efectivamente realizadas ou se lle solicita ao alumno a realización de actividades complementarias.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Todos os materiais de traballo están dispoñibles en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías