O obxectivo fundamental desta materia é a adquisición por parte do alumno das metodoloxías de análise de fallo dos materiais como consecuencia do seu comportamento en servizo.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Elimínaríanse os seguintes temas/apartados do programa inicial:
• Tema 4. Fallos en servizo. Degradación química de materiais
• Tema 5. Desgaste de materiais
• Tema 6. Protección contra a corrosión e o desgaste.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial, agás a saída de campo a prácticas de laboratorio. Os contidos das prácticas de laboratorio incorpóranse aos traballos tutelados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Cancelaríanse definitivamente a saída de campo e as prácticas de laboratorio.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle.
Teams.
Correo electrónico.
Atención telefónica.
De acordo co horario de titorías aprobado.
4. Modificacións na avaliación
Metodoloxía: Proba mixta
Peso na cualificación: 40%
Descrición: Exames tipo test de 20-30 preguntas sobre o temario de teoría con varias opcións de resposta das cales só unha é correcta.
Metodoloxía: Solución de problemas.
Peso na cualificación: 20%.
Descrición: Boletín de problemas individualizado relacionados cos temas de análises de fallos mecánicos en servizo.
Metodoloxía: Traballos tutelados.
Peso na cualificación: 40%
Descrición: Realizarase dous traballos tutelados en grupo sobre distintos aspectos da materia onde se analizarán as posibles causas dos fallos dos materiais en servizo.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos criterios de notas mínimas para a proba mixta descritos no apartado de avaliación presencial para aprobar a materia.
Para aprobar será necesario obter ao menos un 5 na nota global da asignatura.
Os criterios de evaluación son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A webgrafía adicional atoparase na páxina Moodle correspondente á materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías