A asignatura de ortesioloxía dixital e calzadoterapia posee unha clara importancia de cara a que o alumnado desenrole coñecementos, habilidades e destrezas importantes no proceso ensinanza – aprendizaxe do seu proceso formador para mellorar a saúde das persoas.
O valor é moi significativo para o futuro podólogo, de cara a comprender, actuar e profundizar no campo terapéutico da ortoprótesis, no uso e a indicación de productos sanitarios podolóxicos, proporcionándolle unha formación básica de coñecementos teóricos e destrezas prácticas, co fin de que adquira as competencias básicas relacionadas ca prescripción, deseño e obtención das principais orteses dixitales e próteses do pe e coñeza a súa relación co resto do membro inferior.
Mediante a prescripción de dispositivos orto-protésicos a medida ou prefabricados, numerosos estudios demostraron a eficacia destes dispositivos tanto na reducción da sintomatoloxía, como na recuperación da funcionalidade de diversas situacións patolóxicas debidas a alteracións estructurais ou funcionais do pe ou dalgunha outra estructura do membro inferior.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
– Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Foro Virtual.
– Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
– Seminarios a través do Moodle (computa na avaliación). As actividades relacionadas cos seminarios consistirán en traballos tutelados a entregar a través da plataforma de teleensinanza moodle.
– Prácticas de Laboratorio a través do Moodle (computa na avaliación). As actividades relacionadas cas prácticas de laboratorio consistirán en traballos tutelados a entregar a través da plataforma de teleensinanza moodle.
– Proba Mixta a través do Moodle (computa na avaliación).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das metodoloxías de aprendizaxe previstas na materia.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado a tráves do Foro Virtual.
– Teams: sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e prácticos. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación.
– Non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación.
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
- A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
– Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías