A materia Patoloxía Xeral aplicada en Podoloxía aporta ó alumnado os conceptos teóricos básicos para coñecer as patoloxías máis frecuentes na poboación de diferentes idades e principalmente as patoloxías sistémicas que teñen repercusións nos pes.
É unha materia de formación básica para os profesionais de ciencias da saúde na que o estudo das principais patoloxias dos diferentes órganos e sistemas do corpo humano permite identificar os signos e síntomas das patoloxías máis frecuentes.
Introducese ó alumnado na patoloxía podolóxica co estudo das patoloxias sistémicas con repercusións no pe.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non hai modificacións de contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión Maxistral
Traballos tutelados e exposición oral
Estudo de casos
Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
No caso dunha nova situación de confinamento todas as metodloxías pasaran a serimpartidas por videoconferencia (TEAMS) e por traballo na plataforma MOODLE
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
En caso dun novo confinamento incrementarase a atención persoalizada ó alumnado polas plataformas oficiais da UDC.
4. Modificacións na avaliación:
Traballos tutelados e exposición 30%
Estudo de casos: 20%
Proba mixta: 50%
*Observacións de avaliación:
A proba mixta pasará a realizarse nas plataformas oficiais da UDC.
O EStudo de casos pasará a realizarse en parte de forma individual.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
O profesorado da materia facilitará os materiais necesarios para o estudo da materia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías