Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos da materia.
2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen • Sesión maxistral • Seminario • Lecturas (computa na avaliación) • Proba mixta (computa na avaliación) Metodoloxías docentes que se modifican Non se realizan cambios nas metodoloxías da materia As metodoloxías programadas previamente de maneira presencial, pasarán a desenvolverse de maneira virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Correo electrónico: De uso para facer consultas e resolver dúbidas. • Videoconferencia sesión maxistral ( Teams): 1 sesión semanal en gran grupo para a exposición dos contidos teóricos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade. • Videoconferencia seminarios ( Teams): 1 sesión semanal en grupo mediano para o avance dos contidos teóricos e para o seguimento e apoio na realización dos exercicios para realizar na unidade temática, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade. • Moodle: Empregarase como repositorio do material documental e para a realización de tarefas e actividades para o seguimento da materia. 4. Modificacións na avaliación Non se realizan cambios na avaliación da materia Observacións de avaliación: • As diferentes actividades de avaliación continuada efectuaranse de maneira non presencial, mediante a plataforma Moodle e con soporte en directo, mediante Teams. • As probas de avaliación correspondentes ás convocatorias oficiais, realizaranse de maneira presencial e de non ser posible, faranse na modalidade virtual. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía • Dispoñerán de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle. • Engádense enlaces web na plataforma Moodle, como bibliografía complementaria a algún contido impartido de maneira non presencial, ao que terá acceso todo o alumnado. |