A
metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao
alumnado para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar
a autonomía do estudante no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante
pídeselle que:
a) Semanalmente
realice os exercicios e casos prácticos propostos polo docente. Recoméndase
o traballo en equipo para discutir as posibles solucións.
b) Prepare,
en grupo e seguindo as indicacións do docente da materia, un caso práctico de
análise de estados financeiros para ser presentado na data marcada polo docente
da materia.
c) Participe
activamente nas discusións promovidas nas sesións e no foro virtual.
Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa
preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de
vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía (participación activa na
aula/foro) o estudante pode compensar con ata 1 punto a cualificación total
obtida nas probas escritas realizadas durante o curso, sen superar o máximo que
corresponde a esta avaliación (8 puntos). Deste xeito, o estudante que, por
calquera razón, non realice algunha das probas escritas de avaliación continua
(probas de resposta múltiple ou probas prácticas) será cualificado cun cero
nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida coa
súa participación na clase. Isto é, dos nove elementos a ter en conta (dúas
probas de resposta múltiple, seis probas prácticas e participación) elixiranse
os oito que presenten as maiores cualificacións.
Alumnos que
se atopen en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial.
Seguindo as
indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao
docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de
avaliación coas seguintes particularidades:
- Probas
escritas de avaliación continua (80% da cualificación final: probas de resposta
múltiple e probas prácticas). Agréganse nunha única proba, que deberá ser
defendida oralmente. A proba e a súa defensa oral valorará aspectos teóricos e
prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia.
O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas
respostas. - Caso
práctico de análise de estados financeiros (20% da cualificación final). O seu
desenvolvemento será individual. Na valoración terase en conta a defensa nas
sesións de seguimento, o rigor na súa entrega e resolución, a presentación oral
e a resposta ás preguntas formuladas. - Acordarase
ao inicio do curso un calendario específico compatible co plan de traballo da
materia e coa súa dedicación.
Cualificación
de non presentado.
Aplicará
cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
nota acadada.
Avaliación
da segunda oportunidade.
Seguirá o mesmo sistema
de avaliación que a primeira oportunidade coas seguintes particularidades:
- Probas
escritas de avaliación continua (80% da cualificación final: probas de resposta
múltiple e probas prácticas). Agréganse nunha única proba, que deberá ser
defendida oralmente. A proba e a súa defensa oral valorará aspectos teóricos e
prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia.
O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas
respostas. - Caso
práctico de análise de estados financeiros (20% da cualificación final). O seu
desenvolvemento será individual. Na valoración terase en conta o rigor na súa entrega
e resolución, a presentación e a resposta ás preguntas formuladas. - A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do caso práctico de análise de estados financeiros terá
lugar na data aprobada en Xunta de Facultade para a realización da
avaliación da segunda oportunidade.
O alumnado que desexe
concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co docente antes do inicio
do período de exames da segunda oportunidade, para que se lle asigne as
empresas para resolver o caso práctico de análise de estados financeiros.
Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada")
As condicións
de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación
da segunda oportunidade, coas seguintes adaptacións:
- A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do caso práctico de análise de estados financeiros terá
lugar na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de
avaliación adiantada.
Condicións de realización dos
exames
Está prohibido acceder á aula de exame con
calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o
almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.