Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Terceiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Industrial
Coordinación
Piñon Pazos, Andres Jose
Correo electrónico
andres.pinon@udc.es
Profesorado
Piñon Pazos, Andres Jose
Correo electrónico
andres.pinon@udc.es
Web
Descrición xeral
Con esta materia trátase de comprender o proceso de medida de magnitudes físicas con medios electrónicos, distinguindo as partes que o compoñen e analizando os principais factores e a problemática asociada.
Veranse os principios de funcionamento dos dispositivos electrónicos máis utilizados nos circuítos destinados á medida, así como a análise e síntese de circuítos electrónicos de acondicionamento do sinal procedente de sensores.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá modificación nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as metodoloxías adaptandoas á modalidade non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada ao alumno realizarase a distancia mediante úsoo de correo electrónico, videoconrferencia con Microsoft Teams e Moodle:
Correo electrónico: Diariamente para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de "foros temáticos asociados aos módulos" da materia, para formular as consultas necesarias.
Teams: sesións de videoconferencia (ou chat) baixo demanda para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifican as metodoloxías de avaliación. Adaptaranse ao formato non presencial.
*Observacións de avaliación:
Manteñense as da guía docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías