Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Química
Coordinación
Martinez Cebeira, Montserrat
Correo electrónico
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
Profesorado
Blas Varela, Andrés M. de
Martinez Cebeira, Montserrat
Correo electrónico
andres.blas@udc.es
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia é clave no módulo de Formación Obrigatoria en Química Avanzada, porque serve de introdución á especialidade de Química e Economía Industrial e proporciona conceptos básicos en relación cos procesos da industria química e a sustentabilidade que deben coñecer todos os alumnos que cursen calquera especialidade deste máster.
A materia ten interese tanto para os estudantes que vaian desenvolver unha carreira docente-investigadora como os que traballen na empresa. O gran impacto e repercusión da química na calidade de vida da nosa sociedade é indiscutible. O sector industrial ha asumido as formulacións da química como unha necesidade fundamental, apostando pola innovación tecnolóxica nos procesos de produción. Esta materia contribúe á formación de mozos científicos e tecnólogos na área da química industrial básica, capacitándolles para incorporar os seus conceptos e metodoloxías ao deseño e desenvolvemento de procesos sustentables, tanto no ámbito da investigación como no da produción industrial, así como para realizar unha análise crítica sobre o grao de cumprimento dos postulados de Química Sustentable en distintos tipos de procesos químicos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Sen modificación.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as metodoloxías mantéñense, se a situación así o recomenda a docencia pasará a impartirse de forma telemática mediante Teams.
No caso de que non se poida realizar de forma presencial, a visita a instalacións industriais realizaríase de maneira virtual mediante un vídeo que se proxectará na aula ou mediante Teams.
Tamén a proba realizaríase de maneira telemática.
No caso de que parte do alumnado non poida conectarse e seguir as clases en tempo real, se utilizarán medios asíncronos (correo electrónico, grabacións das sesións expositivas, tutoriais máis personalizados ...).
*Metodoloxías docentes que se modifican
As probas obxetivas serán probas en líña que se llevarán a cabo utilizando Moodle ou ferramientas equivalentes, faciendo un seguimento a través da plataforma Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O seguimento realizarase durante as sesións por Teams durante as cales se manterá unha interacción similar á das sesións presenciais.
Correo electrónico: Os alumnos poderán solicitar tutorías de apoio ou para resolver dúbidas, se non é posible resolvelas por ese medio concertarase unha tutoría por Teams.
Moodle: utilizárase tanto o foro como o sistema de correo e mensaxería corporativo.
4. Modificacines na avaliación
*Observacións de avaliación:
O sistema de avaliación manterase sen modificación pero as actividades, incluída a proba mixta, realizaranse de maneira telemática (en liña).
O alumnado que non poida seguir actividades sincrónicas en líña serán evaluados por actividades equivalentes realizadas de forma asíncrona.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías