Esta materia inclúe coñecementos básicos sobre a materia cristalina en estado sólido, a súa estructura e simetría. Unha parte importante da asinatura céntrase nos procesos naturais que dan lugar ós minerais e nalgunhas das propiedades que permiten recoñecer ós mesmos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Solución de problemas
Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio (non se realizarán, e a avaliación destes coñecementos se incorpora á metodoloxía de solución de problemas).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos.
Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de foros da materia, para formular as consultas necesarias.
Teams: 2 sesións síncronas semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, e unha sesión síncrona semanal por grupo pequeño. As sesións de Teams terán lugar na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario aprobado pola facultade.
4. Modificacións na avaliación
Prácticas de laboratorio.- Elimínase a súa contribución a calificación final, que pasa a formar parte da solución de problemas. Redúcese o peso da proba mixta na calificación final ó 40%. Polo tanto, o peso de cada unha das actividades avaliables será o seguinte:
Proba mixta (40%)
Solución de problemas (60%)
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia só se realizarán respecto das sesión que poidera haber ate o momento no que se suspende a actividade na facultade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías