-Para superar a materia será necesario:
1) A realización das prácticas de laboratorio.
2) Obter unha calificación superior ou igual a 5 puntos (sobre 10) nas prácticas de laboratorio e en cada parte da proba mixta. E no caso de non acadar dita puntuación mínima
nalgunha destas actividades avaliables, a materia figurará como suspensa, aínda que a
cualificación media sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignada
será de 4,5).
-Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que
fixeran as prácticas e acadaran menos dun 5, terán a
oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba
específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación
desta proba específica sustituírá á cualificación obtida nas
prácticas para a cualificación global.
-Os
alumnos que non participen nas actividades avaliables das sesións de seminario e non realicen as probas obxectivas obterán unha cualificación de 0 nestes apartados (5 % e 15 %, respectivamente, da nota global) nas dúas oportunidades. Na segunda
oportunidade manterase a cualificación obtida durante o curso para a nota global.
- O alumno obterá a cualificación de non
presentado cando non realice as prácticas de laboratorio e tampouco se
presente á proba mixta. Polo que refírese aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluida a avaliación continua, refírese a un
curso académico, e polo tanto, volvería a comenzar un novo curso,
incluidas todas as actividades e procedimentos de avaliación que programense para o devandito curso.
-Na segunda oportunidade: a cualificación da proba mixta obtida na segunda oportunidade substituirá á da primeira. Os alumnos
avaliados na segunda oportunidade sólo poderán optar á matrícula de
honra se o número máximo destas para o correspondiente curso non se
cubreu na súa totalidade na primeira oportunidade.
Alumnos con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
A
realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será
facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de
coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraránse
exentos das sesións maxistrales e se lles facilitará a
asistencia ao maior número posible de seminarios. De non
poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo titorizado.
Esto aplicarase a ambas oportunidades de exame.