Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Inorgánica 2 |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 2 | Código | 610G01022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B4 C1 | O profesor valorará tanto as respostas ás cuestións do boletín como a participación activa no debate cos outros compañeiros. |
10 |
Prácticas de laboratorio | A14 A17 A18 A20 A21 A22 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 | O traballo no laboratorio avaliarase dende os puntos de vista de: - organización e seguridade - coñecemento do material, técnicas preparativas e o seu uso - habilidade manual e, - especialmente, a capacidade para comprender os procesos observados a partir da preparación previa. Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes: 1-Resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados). 2- Descrición detallada da execución e desenvolvemento dos experimentos (diario de laboratorio). 3- Comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poidan extraer deles. |
20 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 | A proba escrita levarase a cabo no horario aprobado na Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia, dacordo co indicado no apartado de Metodoloxía. |
40 |
Traballos tutelados | A14 A16 A21 B1 B2 B3 B4 C1 | Mediante as tutorías asociadas aos traballos tutelados, o profesor, ademais de orientar ao alumno, avalía todos os aspectos relativos á preparación teórica das prácticas e aspectos experimentais ou de seguridade no traballo. Dada a súa importancia, o alumno non poderá comezar o traballo no laboratorio ata que realice de forma adecuada esta preparación previa. |
10 |
Proba obxectiva | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 | Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. | 10 |
Proba de resposta múltiple | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 | Periódicamente realizaranse probas curtas de tipo test de resposta múltiple a través de plataformas online, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. | 5 |
Análise de fontes documentais | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B3 C1 | Periódicamente, como se indica no apartado de metodoloxía, haberá actividades nas que en base a documentos audiovisuais e/ou bibliográficos, o alumno debe contestar, a través das plataformas online dispoñibles na asignatura, preguntas relacionadas cos contidos da materia. | 5 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar A avaliación non poderá ser positiva se non se asistiu a todas as clases delaboratorio. O alumno terá unha cualificación de non presentado cando participe en actividades que sumen menos do 25% da cualificación final da evaluación continua. Encanto a segunda oportunidade de xullo: 1) A calificación da proba mixta da segunda oportunidade,substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter un mínimo de 5 (sobre 10) da puntuación total da proba mixta para poder superar a materia, o que significará, como na "primeira oportunidade", o 40% da calificación. 2) Aqueles alumnos que suspenderan as prácticas de laboratorio poderán realizar un traballo tutelado sobre unha nova práctica de laboratorio e o correspondente resumo da devandita preparación teórica anterior. 3) A cualificación do resto de actividades avaliables durante o curso manterase na segunda oportunidade de xullo. Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso,de acordo coa normativa académica, non fose cuberto na súa totalidade na"primeira oportunidade". Aqueles alumnos que se acollan ao “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” de acordo coa normativa da UDC, só deberán asistir de maneira obrigatoria os traballos tutelados e as clases prácticas de laboratorio. A cualificación final para os devanditos alumnosconstará de dous partes: a cualificación obtida nos traballos tutelados e asprácticas de laboratorio, que contribuirá nun 30% á nota final e a proba mixta,que computará polo 70% restante. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranseás dúas oportunidades. No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia. |
|