A materia pretende proporcionar os coñecementos e as habilidades necesarias para a determinación experimental de propiedades fisicoquímicas básicas e a elucidación estrutural dos compostos químicos mediante a aplicación de técnicas espectrométricas, espectroscópicas e electroquímicas
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non se realizan cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:todas (sesións maxistrais, seminarios, obradoiros e prácticas de laboratorio).
*Metodoloxías docentes que se modifican: todas as metodoloxías se adaptan á modalidade híbrida ou non presencial a través de Moodle e Teams e se mantén a programación establecida no calendario de coordinación do Centro.
- Nas prácticas de laboratorio de operacións estándar o alumnado realizará un informe do traballo previo a partir dos materiais autoexplicativos dispoñibles en Moodle.
A Proba mixta consistirá nun exame individual manuscrito, realizado de maneira asíncrona a través de Moodle e, no caso de que a coordinación co resto das materias o permita, se contempla a súa realización adiantada durante o período lectivo.
- Nas prácticas de caracterización fisicoquímica se facilitarán a través de Moodle materiais de elaboración propia con carácter autoexplicativo (presentacións de PowerPoint con audio e vídeos explicativos, guións de prácticas adaptados á docencia virtual e “supostos prácticos” individuais) que permitirán que o alumno realice un traballo previo de preparación e un traballo “on-line” relacionado coas prácticas.
A Proba práctica consistirá nunha proba “on-line” sobre o traballo previo e o relacionado coas prácticas.
En ambos casos as experiencias de laboratorio que non foran realizadas de maneira presencial ou “on line” no serán avaliadas. A competencia A26 (levar a cabo procedementos estándar en laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con compostos orgánicos e inorgánicos) deberá ser reforzada en cursos posteriores.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: o seguimento personalizado realizarase a demanda do alumnado e, na medida do posible, no horario establecido para as titorías, a través do correo electrónico, a plataforma Moodle ou a ferramenta TEAMS. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.
4. Modificacións na avaliación: as contribucións á calificación final das metodoloxías avaliables modificanse da seguinte manera: proba mixta (30 %), obradoiros (15 %), prácticas de operacións estándar (5 %), prácticas de caracterización fisicoquímica (40 %), e proba práctica (10 %)
*Observacións de avaliación: mantéñense todas as observacións incluídas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizan modificacións, todos os materiais necesarios encontraranse dispoñibles en Moodle ou mediante acceso aos recursos electrónicos dispoñibles na Biblioteca do Centro.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías