É unha materia que versará sobre os principais contaminantes, as súas fontes e efectos no medio ambiente, así como a lexislación aplicable en cada medio. Adquisición dos coñecementos básicos relacionados cos sistemas de xestión de calidade e ambientais. Identificación de problemas ambientais e aplicación de estratexias químico-analíticas para a súa avaliación. Interpretación de datos ambientais de acordo coa lexislación e/ou normativas específicas. Realizarase unha introdución aos sistemas de Xestión de Calidade e de Xestión Ambiental. Discutirase que debe entenderse como calidade dun laboratorio e presentaranse algunhas ferramentas típicas para o control da calidade e ambiental.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non cambian, só se adaptan á comunicación telemática
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
a. correo electrónico, con revisión diaria
b. Video conferencia (Teams): faranse as sesións de docencia maxistral e tutorías grupais, principalmente (pero non só) para os seminarios de exercicios e apoio e seguimento dos traballos escritos.
c. Moodle: os alumnos disporán de foros de traballo e intercambio de ideas; asemade, dun repositorio de materiais para traballar
4. Modificacións na avaliación
Non hai cambios
*Observacións de avaliación:
as mesmas que na Guía Docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai. De ser precisa documentación adicional será proporcionada a través do Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías