A asistencia ás prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder presentarse ao exame final.
O exame final na primeira convocatoria (ao rematar o 1º
cuatrimestre) representará o 60% da calificación final e o 40%
restante o constituirá a memoria de prácticas e os resultados das actividades evaluables das sesions de discusión dirixida (20% y 20%, respectivamente). Considerarase como presentado todo aquel estudante que houbera participado as Prácticas e a 3 actividades evaluables.
Adicionalmente, conscientes de que durante o curso os alumnos
comezan a exercitarse en certas competencias transversais (e en
ciertos casos de xeito autónomo), valorarase sempre en modo positivo a
participación activa nos
seminarios. En particular, os
traballos de seminario entregados e o conxunto das aportacions
relevantes feitas polo alumno/a no foro serán valoradas ata
un punto que engadirase á calificación final obtida.
Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns xustificadas, non
puidera realizar toda-las probas de avaliación continua (estudantes con dedicación a tempo parcial ou
circunstancias específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade), adoptaránse as medidas que se estime convintes para non perxudicar a súa evaluación.
Na segunda convocatoria (Xullo) terase en conta únicamente o resultado do exame para a cualificación
final sempre e cando se tíñan realizadas as prácticas, condición
necesaria para ser avaliado, e independentemente da cualificación
obtida nelas.
As matrículas de honra concederánse preferentemente entre o alumnado presentado na primeira convocatoria.