Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A4 A9 A11 A13 A14 A25 A30 A31 |
Asistencia obrigatoria. Avaliación continua durante o desenvolvemento destas (5%). Exame (15%). |
20 |
A asistencia ás sesións de resolución de problemas e ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.
A non realización das prácticas impide a superación da materia, polo que aqueles alumnos que non as realicen non poden presentarse a exame (proba mixta).
O alumno deberá superar tanto as prácticas coma a proba mixta para superar a materia.
Para superar as prácticas, ademais da asistencia, é imprescindible aprobar o exame correspondente.
Para a avaliación continua, no que se refire á resolución de problemas, cada estudante deberá entregar resoltos os correspondentes boletíns de problemas previamente á asistencia a cada sesión e na forma indicada polo profesor. Finalmente, deberá acudir á correspondente sesión.
Proba mixta: estará constituída por dúas partes, unha teórica (50%) e outra de resolución de problemas (20%).
Para aprobar a materia deberá superarse cada unha das partes avaliables: teoría, prácticas e resolución de problemas.
Baseándose na avaliación continua poderá valorarse especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto.
Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO" non deberá ter realizado a proba mixta.
No caso de non aprobar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberá superarse a parte non aprobada. Se é a teoría, repetindo a parte correspondente da proba escrita, o mesmo no caso da resolución de problemas. Se son as prácticas, repetindo o exame.
No caso de que varios alumnos optaran á obtención de Matrícula de Honra e non se puidesen concender todas, concederáselle a aqueles alumnos que obtivesen a máxma cualificación na primeira oportunidade.
No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente ó alumnado en que concorra de parte do proceso de avaliación. Dito alumnado tería que someterse a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda oportunidade teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a calificación obtida na proba mixta e a correspondente á parte práctica.
|