Principios básicos da organización animal (morfoloxía, desenvolvimento embrionario), principais tipos estructurais; evolución e clasificación. Principais líneas filoxenéticas. Diversidade animal (Clado Ecdisozoos e Clado Lofotrocozoos). Características xerais, principais elementos da anatomía externa e interna; modo de vida e reproducción. Clasificación e filoxenia.
Plan de continxencia
Na posibilidade de que a docencia non se poida impartir de maneira presencial por un novo confinamento, se prevén os seguintes cambios:
1. Modificacións nos contidos.
Non hai cambios.
2. Metodoloxías
(*) Metodoloxías docentes que se manteñen.
Todas sofrirán leves modificacións (abaixo) pero en particular as que teñen que ver coa docencia práctica.
(*) Metodoloxías docentes que se modifican.
- Tanto as "Sesións maxistrais" como as “Probas de resposta breve” e a "Discusión dirixida" se impartirán por teledocencia vía Teams e/ou Moodle.
- Nas "Prácticas de laboratorio" se porá a disposición do alumnado o material gráfico necesario para substituir, da forma máis axeitada posible, a presencialidade.
- A "Saída ao campo" non se realizará. A avaliación deste coñecemento se incorpora a metodoloxía das “Prácticas de laboratorio”.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
- O alumnado poderá contactar co profesorado no horario de traballo a traveso das vías habituais que se veñen empregando: correo-e, Moodle e Teams. - Se poderán facer tanto sesións colectivas como individuáis.
4. Modificacións na avaliación.
As porcentaxes indicadas no "Paso 7: Avaliación" veranse modificadas, pasando a ser de:
- Proba de resposta breve (doc. expositiva) - 40%
- Discusión dirixida - 40%
- Proba de resposta breve (doc. práctica) - 20%
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías