A materia de sustentabilidade e conservación da fauna ten por obxectivo proporcionar aos alumnos os fundamentos teóricos nos que se basean a conservación e xestión sostible da biodiversidade animal, tanto no que se refire a cuestións da ciencia básica como a outras cuestións relacionadas coa toma de decisións, utilizando un enfoque aplicado á solución de problemas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizaran cambios nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manterannse todas as metodoloxías iniciais, modificándose nalgúns casos, a forma de impartilas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Clases maxistrais: manteranse as clases no seu horario habitual, mais impartidas e gravadas mediante a ferramenta TEAMS.
Proba obxectiva. As probas previstas ao inicio de curso manteranse, cambiando a presencialidade por exame a través da plataforma Moodle e nalgún casos poderá facerse exame oral mediante TEAMS. Estudo de casos: un dos estudos de caso incluía unha visita á unha mina restaurada , que sería substituída pola lectura dun documento con información sobre o proceso de restauración ecolóxica desenvolvido nesta mina. A avaliación desta actividade manteranse vía Moodle
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico/ Teams
4. Modificacións na avaliación
Proba obxectiva 50% .Exame final (ou parciais no caso da escolla de avaliación continua), on-line.
Seminario 30% Sen cambios. Entrega de traballos on-line.
Estudo de casos 20% Sen cambios salvo a visita á mina restaurada cambiado por tarefa online.
*Observacións de avaliación: Mantéñenese as mesmas que figuran na guía docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías