Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Tal e como se indica a continuación, mantéñense tódalas metodoloxías docentes inicialmente previstas, se ben é precisa a súa modificación e adaptación a un escenario de non presencialidade.
- Actividades iniciais
- Sesións maxistrais
- Seminarios (computan na avaliación)
- Prácticas de laboratorio (computan na avaliación)
- Traballos tutelados (computan na avaliación)
- Proba obxectiva (computa na avaliación)
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Actividades iniciais: no caso de que esta sesión non se poida impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, impartirase de xeito telemático facendo uso das ferramentas institucionais dispoñibles (Microsoft Teams).
- Sesións maxistrais: no caso de que estas sesións non se poida impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, impartiranse de xeito telemático facendo uso das ferramentas institucionais dispoñibles (Microsoft Teams).
- Seminarios (computan na avaliación): no caso de que os seminarios non se poidan impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptaranse para a súa realización en modo de non presencialidade.
- Prácticas de laboratorio (computan na avaliación): no caso de que as prácticas de laboratorio non se poidan impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptaranse para a súa realización en modo de non presencialidade e respectando na medida do posible os contidos orixinais.
- Traballos tutelados (computan na avaliación): no caso de que o seguimento/titorización dos traballos tutelados non se poida realizar de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptarase para a súa realización en modo de non presencialidade.
- Proba obxectiva (computa na avaliación): no caso de que a proba obxectiva non se poida realizar de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptarase para a súa realización empregando a plataforma Moodle.
- Atención personalizada: ver máis abaixo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Frecuencia? Diaria. Uso? Realización de consultas, solicitude de encontros virtuais para resolver dúbidas e/ou seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Frecuencia? Diaria. Uso? Comunicación de novas e/ou seguimento dos traballos tutelados.
- Microsoft Teams: Frecuencia? Semanal (na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade). Uso? Avance dos contidos teóricos; ademais, a petición do/a alumno/a, tamén se poderá utilizar fóra de dito horario co gallo de resolver dúbidas, apoiar a realización e seguimento dos traballos tutelados, etc.
4. Modificacións na avaliación
O sistema de avaliación e peso relativo das distintas metodoloxías (incluíndo os requisitos de nota mínima) mantéñense invariables respecto dos que xa figuran na guía docente. Non obstante, tal e como se indica no punto segundo deste plan, ditas metodoloxías serán modificadas e adaptadas a un escenario de non presencialidade.
- Seminarios: 15%
- Prácticas de laboratorio: 15%
- Traballos tutelados: 15%
- Proba obxectiva: 55%
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que xa figuran na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
|