A materia ten como obxectivo formar ao alumno de forma que poida comprender os conceptos fundamentais do Comportamento animal, así como a súa evolución a través da acción da selección natural. A materia estructurarase ó redor das catro areas definidas por Tinbergen: causación, ontoxenia, función e evolución.
Abórdase específicamente a selección de hábitat, as migracións e territorialidade, a explotación de recursos e o comportamento alimentario, a selección sexual, reproducción e sistemas de apareamento e coidado parental, a comunicación animal e o comportamento social. Asemade, preténdese introducir ao alumno nos métodos de investigación en Etoloxía.
As actividades de Aprendizaxe-Servizo favorecerán a integración de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na docencia da materia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non hai
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas. As metodoloxías serán adaptadas convenientemente de ser preciso mediante o uso de ferramentas TIC.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado poderá contactar co profesorado no horario de traballo a traveso das vías habituais que se veñen empregando: correo electrónico, Moodle e Teams. Poderanse facer tanto sesions colectivas como individuais
4. Modificacións na avaliación
- O sistema de avaliación manterase
*Observacións de avaliación: Aínda que se mantén o sistema de avaliación, modificarase o peso relativo de cada metodoloxía de xeito que pasaría a ser: 1) Proxecto de investigación (memoria de prácticas): 25%; Traballos tutelados ou ApS: 25%; Proba de resposta breve (exame): 40%; Seminario (10%)
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías