Calificación de non presentado
Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.
Segunda
Oportunidade e convocatoria adiantada
Realizarase únicamente un exame na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) onde a peso será do 100% da nota final da materia. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con resposta múltiple, sendo correcta unha soa das respostas. Tamén poderá incluír o exame temas de desenvolvemento do programa e/ou problemas. No caso dos test, os fallos restarán puntuación.
Alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia
Agás para
as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva, para as
restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación.
Identificación
do estudante
O
estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo á normativa vixente.