Proba obxectiva |
A6 A7 A8 |
Durante o período lectivo realizaranse probas (que poden incorporar preguntas conceptuais, estudos de casos, razoamento e resolución de problemas, etc.) que conformarán a avaliación contínua de clase que acadará o 100% da cualificación da primeira oportunidade. No hai exame final.
A avaliación da 2ª oportunidade consistirá nun exame de toda a temática da asignatura (no que poderase incluir preguntas conceptuais, resolución de problemas e/ou casos, etc) con posibilidade de acadar o 100% da cualificación. |
97 |
Discusión dirixida |
C1 C5 |
Valoraranse, si fose procedente, as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas suscitadas nas sesións interactivas, en torno as preguntas e cuestións das probas da avaliación continua (incorporadas nas proba obxectivas). |
1 |
Solución de problemas |
A7 A11 A12 |
Valoraranse, si fora procedene, as solucións propostas polos alumnos ás cuestións das probas da avaliación continua (incorporadas nas probas obxectivas) |
1 |
Non presentado: Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.
O criterio de avaliación da segunda oportunidade: Exame de toda a temática da asignatura (no que poderá incluirse preguntas conceptuais, cuestións de razoamento, resolución de problemas e/ou casos, etc.) con posibilidade de acadar o 100% da cualificación. Convocatoria adiantada-. Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: ainda que estean exentos de asistencia, serán evaluados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.
Condicións de avaliación: seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
Identificación do estudante: o estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa.
|