AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación será totalmente continua en base a probas de resposta múltiple (75%) e a realización dun traballo tutelado (25%). Na primeira oportunidade haberá ata un máximo de 3 probas de resposta múlitple nas cales a ponderación será do 15% (primeira), 25% (segunda), e 60% (terceira) se hai tres e do 35% e 65% se hai dúas. As probas non supoñen eliminación de contidos, é decir, tanto se hai dúas como tres, os contidos da primeira proba forman parte da segunda e os contidos da primeira e a segunda forman parte da terceira. Para aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 puntos no cómputo final da avaliación (proba de resposta mútiple + traballo tutelado) pero ademáis é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. As datas das probas definiranse en función do estado de avance das clases é comunicaranse cunha antelación mínima de unha semana. As datas de entrega do traballo tutelado serán na segunda semana de decembro.
ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación.
CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo haberá unha única proba de resposta múltiple (na data establecida como oficial para a segunda oportunidade) cunha ponderación do 75%; ademáis tamén formará parte da nota final a nota acadada no traballo tutelado (incluso aqueles alumnos que non fixeran este traballo terán a posibilidade de realizalo debendo entregalo antes da data da proba oficial). Para aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 puntos no cómputo final da avaliación (proba de resposta mútiple + traballo tutelado) pero ademáis é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple.
AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). A avaliación será totalmente continua en base a resolución de casos prácticos, probas de resposta múltiple, exposición de traballos, etc. O profesorado explicará os detalles da avaliación continua ó comenzo do curso.
ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación.
CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo, o profesorado lle plantexará a oportunidade de recuperar aquelas actividades que non acadaran o aprobado ou non as entregaran/fixeran. Para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10.