Participación nas sesións. Utilización do material de estudo proporcionado (temas e
modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no programa. Resolver
sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións,
recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. A.-Exame (proba
mixta final): 50% da cualificación. B.-Avaliación continua (solución de
problemas): 50% da cualificación. Na parte A (proba mixta final) será
necesaria unha nota mínima de 1.5 sobre 5 para poder superar a materia. A
nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder
superar a materia. No caso de que non se supere o 1.5 na proba mixta
final (parte A), a nota resultante será o mínimo entre 4.5 e a suma das dúas
notas (parte A e parte B).
Criterios de avaliación para a
segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria
adiantada:
-
Segunda oportunidade: séguese o mesmo criterio de avaliación que para a primeira oportunidade.
Para iso, gardarase a cualificación da avaliación continua obtida ao longo do
curso (parte B) para a segunda
oportunidade.
-
Convocatoria adiantada: supoñerá unha proba final máis ampla, que conterá tanto a parte A como
a B da avaliación. Esta proba valorarase
sobre 10.
No caso de alumnado con dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a
plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación
principal para a xestión de contidos, titorías e entrega de traballos. Acordarase
ao comezo de curso un calendario específico de datas compatible
coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e de
acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.
A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao
alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación conseguida.
O comportamento fraudulento en calquera dos
apartados sometidos a valoración supoñerá a cualificación de cero puntos na
avaliación final. O alumnado terá que acreditar a súa identidade de acordo coa
normativa vixente.