O principal obxetivo deste curso é conseguir que o alumno e/ou a alumna adquira unha terminoloxía básica e competencia comunicativa falada e escrita con un nivel óptimo de coñecementos para poder utilizar as diversas equivalencias de Español-Inglés, Español-Francés, Español-Portugués en termos técnicos e tecnolóxicos relacionados co mundo xurídico, a Economía e a Ciencia, coa utilización de linguaxe científico-técnica, así como a redacción de correspondencia profesional, curriculun, cartas de presentación ...
Inclúense técnicas metodolóxicas de planificación da escritura, condensación da información, ordenación lóxica da mesma, técnicas para a utilización de correspondencia comercial e manexo de documentos. Linguaxe científico-técnica, xeral e específica, que lle serán útiles o alumno e/ou a alumna no seu entorno académico e no seu futuro profesional.
[FRANCÉS] A materia está dirixida a estudantes que por motivos académicos ou profisionais deben traballar habitualmente con documentación xurídica redixida en francés.
Para cursar con aproveitamento a materia é preciso posuír un nivel B2 en lingua francesa.
Durante as aulas, de carácter exclusivamente práctico e impartidas en francés, ofreceranse diversas ferramentas e recursos para mellorar e profundizar as principais destrezas lingüísticas e estratexias comunicativas propias do ámbito xurídico-económico, privilexiando a busca de información e a comprensión lectora.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral.
- Traballos tutelados.
- Proba mixta.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se realizarán cambios.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: segundo necesidade. Empregarase para facer consultas, solicitar titorías virtuais, resolver dúbidas e demáis cuestións relativas á materia.
- Moodle: segundo necesidade. Tanto en situación de presencialidade como de non presencialidade, esta ferramenta utilizarase para comunicarnos co alumnado e facilitarlles o material e os traballos da materia. Ademáis, habilitaranse os foros pertinentes para recoller as dúbidas.
-Teams: empregarase segundo a solicitude do alumnado. Esta ferramenta será utilizada para realizar as titorías de forma virtual.
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios.
Traballos tutelados: representan o 60% da avaliación. Os traballos tutelados que se encomenden os alumnos terán un seguimento e atención personalizada e tratarán sobre a materia contida no programa da asignatura.
Sesión maxistral: representa o 40% da avaliación. As sesións explicativas con manexo de documentos reais complementaranse cos trabajos relacionados que se encomenden os alumnos tanto de carácter individual como en grupo valorándose separadamente.
*Observacións de avaliación:
Mantense o peso na cualificación das distintas metodoloxías sinalada na guía docente.
Ao tratarse dun módulo composto por varias materias impartidas por diferentes profesores, a avaliación deberá ser consensuada co profesorado, quen indicará a forma telemática (Moodle, Forms, Teams ou correo electrónico), as tarefas a realizar (traballos, proba oral, escrita ou cuestionario) e as condicións para superala materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios na bibliografía recollida na guía docente. O alumnado terá dispoñible en Moodle o material empregado en clase, que é o necesario para o estudo da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías