Pretendemos coa nosa materia:
- Incrementar a autoestima do estudante, facéndolle comprender todas as súas potencialidades.
- Facilitar ao estudante o coñecemento e manexo das fontes xurídicas laborais, tanto normativas como xurisprudenciais.
- Facilitar ao estudante o uso de terminoloxia xurídica laboral específica (por exemplo, contrato de traballo, sindicato, convenio colectivo ou proceso laboral).
- Aproximar ao estudante á solución de verdadeiros problemas xurídicos laborais.
- Implicar aos estudantes nas actividades científicas do Instituto de Investigación da Asociación Coruñesa de Dereito Comparado do Traballo e da Seguridade Social, coa finalidade de axudalos a mellorar os seus curricula vitarum, por medio de contribucións ao seu “Anuario”, e da presentacion de comunicacións ao Congreso Internacional que se organizará durante o curso académico.
- Aproximar ao estudante ás técnicas do Dereito comparado do Traballo, para que caia na conta de que resultan aproveitables as solucións ensaiadas noutros países, a efectos de resolver os problemas xurídico laborais que temos en España.
- Incrementar a potencial empregabilidade dos estudantes.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Reforzarase a utilización de moodle e de teams, especialmente para a realización síncrona da docencia expositiva, nos horarios asignados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Reforzamiento da "solución de problemas", en relación coa docencia interactiva.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Planificación do traballo semanal, con notificación a través de moodle.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
A asistencia pondérase en función do tempo de presencialidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías