O exame será tipo test e terá:
30 preguntas de Dereito civil;
10 preguntas de Dereito administrativo;
10 preguntas de Dereito mercantil;
10 preguntas de Dereito internacional privado.
Cada pregunta terá catro respostas; unha soa será a resposta correcta. As preguntas correctas suman 0,5 pts. e as preguntas incorrectas restan 0,20 pts.
A nota final da asignatura Dereito da contratación se obterá a partir da ponderación das notas finais obtidas en cada unha das catro materias, en atención a seguinte proporción: Dereito civil suporá un 55%, e o outro 45% se repartirá a partes iguais entre as outras tres materias (Dereito mercantil, Dereito internacional privado e Dereito administrativo).
Para poder aprobar a asignatura é necesario superar cada unha das catro materias que a integran (e dicir en Dereito civil hay que obter, ó menos, 2.75 puntos e nas outras tres materias hay que alcanzar, ó menos, 0.75 puntos).
En caso de non superar algunha das materias na primeira oportunidade, manterase o aprobado nas partes superadas para a segunda oportunidade. Dese modo, o alumno/a só realizará o exame da segunda oportunidade en relación ás materias que non superase na primeira.