Dado o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.
Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.
Avaliación en xullo: exame escrito (100%)
Estudantes a tempo parcial con dispensa académica teñen que contactar coa profesora ao inicio do curso para facer os axustes necesarios nas actividades da materia.
E OBRIGATORIO DEMOSTRAR UN C1
DE INGLÉS (MCERL). PODERÍASE SUSPENDER A ASIGNATURA SI NON SE DEMOSTRA ESE
NIVEL DE COMPETENCIA A TRAVÉS DO TRABALLO DE CURSO.
Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contrao plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dosestudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/apropio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.
A detección do plaxio en calquera das tarefas/exames/probas a realizar suporá o suspenso inmediato da asignatura.