Esta materia ofrece aos alumnos unha visión dos principais modelos lingüísticos e as suas metodoloxías.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas pero de xeito telemático a través de correo electrónico, Teams e Moodle, utilizando as ferramentas informáticas máis axeitadas para cada metodoloxía, respectando o horario de aulas e de titorías e sen aumentar a carga de traballo do alumnado.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Na presentación oral o alumnado poderá escoller entre gravala ou facela en directo a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Consultarase de luns a venres.
Moodle: En horario de aulas e en horario oficial de titorías.
Teams: En horario de aulas e en horario oficial de titorías. Vídeo conferencia individual con cita previa.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios nas porcentaxes establecidas.
*Observacións de avaliación:
A(s) proba(s) fara(n)se a través de Moodle ou Teams nas datas establecidas e de xeito síncrono ou asíncrono.
No caso de fallos xerais no sistema ou problemas de conexión xustificados a profesora facilitará a proba por correo electrónico ou utilizará a vía telefónica se é preciso.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Dispoñerán dos materiais de traballo necesarios de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías