Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Modelos e métodos na lingüística actual
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, frecuentemente nun contexto de investigación e, máis ao pormenor, nun contexto de investigación lingüística. BI1
Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. BI2
Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e valorizacións. BI3
Habilitar estratexias de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar a estudar dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. BI5
Adquirir coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes actuais no ámbito dos estudos lingüísticos. BI6
Adquirir os fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar nos principais modelos teóricos da lingüística actual. BI7
Abrir vías de investigación innovadoras no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais. BI9
Comprender as interrelacións existentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o mestrado, nun produtivo exercicio de transversalidade entre as materias e os contidos leccionados. BI10
Comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas, centrándose nos modelos formalistas e funcionalistas. AI1
AI2
AI3
Xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, uso de recursos na rede etc.). AI9
Aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de diferentes corpus lingüísticos. AI4
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma (galego e español). CM1
Pór en valor a enorme importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avanzo socioeconómico e cultural da sociedade, ben como, do punto de vista do individuo, a grande relevancia que posúe na súa realización persoal e laboral. BI4
CM8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes