1. Para superar a materia é obrigatorio ter entregado en tempo e forma as actividades encargadas durante o curso.
2. Serán avaliados os alumnos que asistiren à proba obxectiva e entregaren a recensión bibliográfica. Onde non, serán considerados como non presentados.
3. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán unha diminución da nota.
4.Os alumnos/as en situación de matrícula a tempo parcial ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme ás variantes para eles estabelecidas no apartado das metodoloxías.
5. Na "segunda oportunidade" de xullo e sucesivas (incluída a anticipada de decembro), serán avaliadas unicamente aquelas metodoloxías que nom tiverem sido superadas na primeira oportunidade, conservándose para as restantes metodoloxías as cualificacións obtidas en xuño.
6. Na "segunda oportunidade" de xullo e sucesivas (incluída a anticipada de decembro), a avaliación das actividades interactivas correspondentes ás metodoloxías "Obradoiro" e "Discusión dirixida" será realizada sobre a base da presentación, por parte do alumno/a, de resumos ou comentarios das leituras obxecto de debate nas ditas actividades ao longo do curso.
7. Recoméndase á todos os alumnos/as matriculados na materia (incluídos os que a tiveren pendente de cursos anteriores) que entreguen unha ficha con foto actualizada a fin de facilitar o seguimento e consigna das súas actividades por parte do profesor.