Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Terceiro
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso Ramos, Margarita
Vazquez Veiga, Nancy
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
nancy.vazquez.veiga@udc.es
Web
Descrición xeral
Estudo da diversidade das linguas en relación coa unidade fundamental da linguaxe, a través da exploración das principais familias lingüísticas e as súas relacións históricas, a tipoloxía lingüística e os universais lingüísticos. llll
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Lecturas
Obradoiro
Traballos tutelados (computa na avaliación)
Proba mixta (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
A sesión maxistral, o obradoiro e a supervisión dos traballos tutelados realizarase a través de TEAMS.
Os estudantes terán 1 sesión semanal a través de TEAMS para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
A proba mixta realizarase en Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: diariamente, para facer consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados e das prácticas.
Moodle: semanalmente. Subirase material de apoio así como as actividades vinculadas a cada tema. Tamén utilizaranse os foros de actividades para apoiar os traballos tutelados.
Poderase programar sesións para titorías personalizadas.
4. Modificacións na avaliación
Proba mixta: 30 %
Traballos tutelados: 70%
*Observacións de avaliación:
Manteranse as mesmas que figuran na guía docente, agás as referencias ao cómputo da asistencia que só se realizará até o momento que se suspenda a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías