Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, excepto a exposición pública e presencial de traballos.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A exposición e defensa pública dos traballos titorizadas e dalgunhas actividades substituirase, se é posible, pola exposición en liña mediante videoconferencia. Se for necesario, os/as estudantes tamén poderían gravar a súa exposición, e que esta se visualizase máis tarde. O traballo colaborativo reducirase, e sempre se fará garantindo as normas de seguridade sanitaria. Outras metodoloxías non se modifican, pero adaptaranse ao sistema non presencial.
Os/as estudantes dirixirán as súas preguntas sobre os textos de traballo ao profesor/a antes da sesión semanal, no prazo establecido polo profesor/a.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada farase nos horarios de titoría oficiais establecidos, e previa cita co profesor a través do correo electrónico. Utilizaranse o correo electrónico, Moodle (correo, foros, chats), Teams (videoconferencia, chat, intercambio de ficheiros…), e calquera outro recurso que a UDC poña a dispor da comunidade universitaria.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións xerais. Quen teña dispensa académica oficial ou menos dun 5.00 en “asistencia, participación e desempeño”, recibirá un 40% polo traballo titorizado (en vez do 30%).
*Observacións de avaliación:
Non haberá ningunha modificación nas probas de avaliación nin no seu peso na cualificación final. A materia está deseñada para que todas as probas de avaliación se realicen de forma non presencial. Habilitaranse procedementos de revisión das actividades e probas realizadas, utilizando os recursos tecnolóxicos proporcionados pola universidade. Se o profesor/a ve necesario convocar o/a estudante para resolver dúbidas sobre a realización das probas, farao do mesmo xeito.
Sempre se procurará garantir a igualdade de oportunidades de todo o alumnado no seguimento da materia e a realización de tarefas avaliables.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá ningunha modificación: o/a estudante dispón de todos os recursos de consulta necesarios en Moodle. Se é necesario algún máis, o profesor/a facilitarallo. |