IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do exame final, da proba oral e das tarefas de producción escrita non poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. Para superar a materia o alumnado debe completar polo menos o 50% das tarefas de cada parte do portafolios (50% das tarefas de produción escrita e 50% das tarefas de comprensión lectora).
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada.
Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automáticamente coa calificación de 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.
Os alumnos/as que non se presenten o día da proba mixta oficials acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.
As posibles tarefas de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre poderán supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.
OPORTUNIDADE de XULLO: A distribución de porcentaxes será a seguinte: 1) proba mixta (40%), resultado da proba de gramática e vocabulario (25%) e a proba de comprensión auditiva (15%); 2) portafolios (35%), resultado das tarefas de produción escrita (20%) e as tarefas de comprensión lectora (15%); 3) traballo tutelado (10%); 4) entrevista oral co profesorado (15%).
Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
Atención á diversidade:
Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.