Estudo, a través dos textos, da produción literaria galega do século XIX.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas.
Traballos titorizados.
Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral. Serán realizadas ben a través de Moodle, con presentacións xerais e breves lecturas complementares, ben a través de sesións síncronas/asíncronas en Teams.
Proba mixta. A proba mixta realizarase de maneira asíncrona. O alumnado poderá facer uso na súa realización de todos os recursos e materiais vinculados coa materia e facilitados pola profesora.
Asistencia a eventos. A asistencia presencial será substituída pola visualización de un evento a través da internet.
Análise de fontes. Será realizada proporcionando ao alumnado liñas de lectura dos materiais vinculados a cada tema, ben a través de Moodle, ben a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Foros específicos en Moodle, videotitorización a través de Teams, resposta ás consultas por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as actividades e as porcentaxes da avaliación, coas seguintes especificacións:
Proba mixta. Realización dunha proba escrita non presencial en modo asíncrono sobre os contidos e as lecturas da materia. O alumnado deberá facer uso dos recursos e dos materiais vinculados coa materia e facilitados pola profesora.
Eventos científicos e divulgativos. Os eventos serán visualizados a través de internet.
Análise de fontes documentais. Os comentarios e análises realizaranse a través de Moodle e/ou Teams e as presentacións poderán ser orais (síncronas/asíncronas) en Teams ou substituídas por presentacións en PPT (ou similar).
Todas as entregas serán realizadas a través da plataforma Moodle.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as recollidas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía de referencia non será modificada, aínda que serán facilitados materiais específicos (en formato PDF ou URL) a través da plataforma Moodle para o acompañamento das sesións non presenciais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías