Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
En maior ou menor medida, mantéñense todas, cos cambios derivados dunha situación de non presencialidade.
*Metodoloxías docentes que se modifican
–Sesión maxistral: é substituída polo envío a cada un(ha) dos estudantes de materiais a través de medios telemáticos (e-mail, moodle) e/ou por explicación directa a través de Teams.
–Obradoiro: as actividades de Obradoiro pasan a se realizar por medios telemáticos (e-mail, moodle, Teams).
–Lecturas obrigatorias xa previamente fixadas: mantense a lectura obrigatoria da obra indicada na guía e o seu control será realizado a través do resumo/recensión (8-10 páxinas) que será entregada (por e-mail) conforme o calendario inicial e as normas de presentación fixadas no inicio do curso.
–Traballo tutelado: mantense segundo a programación inicial (estrutura, extensión, data de entrega), mais as consultas co profesor realizaranse exclusivamente a través de medios telemáticos.
–Proba mixta: o exame presencial será substituído por unha proba asíncrona que será enviada por correo electrónico ao/á estudante no día anterior á data oficial do exame para realizar na súa casa. Data e hora de entrega telemática: no día oficial do exame, dúas horas depois da hora marcada para o seu inicio.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, Moodle, Teams: cando for necesario contactarase persoal ou grupalmente cos estudantes para comunicación de instrucións, atendemento de cuestións e/ou exposición de contidos a través do envío de materiais diversos ou de explicación directa por medio de Teams.
4. Modificacións na avaliación. Observacións:
Obradoiro (10%): Será valorada a actividade derivada das sesións maxistrais durante o período de docencia presencial e tamén as actividades derivadas da docencia non presencial. O seu valor redúcese do 20% ao 10%.
Lecturas (15%): Avaliarase a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos fixados no inicio do curso: capacidade de síntese, rigor e clareza expositiva, calidade lingüística da expresión.
Traballo Tutelado (35%): Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. O valor pasa de 25% ao 35%.
Proba mixta (40%): Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, as lecturas, a capacidade analítica de textos, a clareza e rigor expostivo, e a calidade lingüística das respostas.
*Observacións de avaliación:
O resumo (ou resumos) de lectura será(n) entregado(s) telematicamente na(s) data(s) fixada(s) no inicio do curso.
Na 1ª oportunidade a data de entrega do Traballo tutelado será a do exame oficial. A data de remisión por parte do alumnado da Proba mixta (enviada polo profesor na véspera) será a fixada oficialmente para o exame.
Na 2ª oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior, só que o Traballo tutelado pasará a ser puntuado con 35%, absorbendo así un 10% do Obradoiro. A Proba mixta será enviada telematicamente na véspera do día do exame e o alumnado deberá remitila ao profesor o día marcado para o exame, dúas horas despois do seu inicio. A data de entrega do Traballo tutelado é a mesma que a fixada oficialmente para a Proba mixta.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións.
|