OBSERVACIÓNS
1. Para superar a materia, o alumnado deberá
conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na
proba obxectiva deberá obter como mínimo 5 valores sobre 10, para poder
sumar os restantes elementos de avaliación.
2. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de
corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o
6/7/2018 e pendurado en Moodle).
3. O alumnado con matrícula parcial e / ou
dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá
pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.
4. Na segunda oportunidade, en xullo, o
alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes
que na oportunidade anterior.
5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba obxectiva.
6. O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado
da seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).
7. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán
ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña” (artigo 14.4).