Cuestións xerais:
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.
2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencais mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).
3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, terá de se pór en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán contactar con el aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.
4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior. Isto significa que antes da data oficial do exame teñen de ser entregues todos os traballos e actividades programadas (recensións bibliográficas e traballos tutelados). No caso da presentación oral, marcarase un día para a súa realización. De haber convocatoria adiantada, serán aplicados idénticos criterios de avaliación que nos casos anteriores.
5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a proba mixta; b) a alumna ou o alumno non entregou nin desenvolveu ningunha das actividades previstas (traballo tutelado, recensión, presentación oral); c) o alumno ou a alumna non realizou a proba mixta nin desenvolveu ningunha das actividades programadas (traballo tutelado, recensión, presentación oral).
Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).