Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Narrative and Essays in Galician and Portuguese |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Narrative and Essays in Galician and Portuguese | Code | 613G02046 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Fourth | Optional | 4.5 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Workshop | A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 | Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía, incluídas as lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos e outros textos breves, e de algunhas das obras ensaísticas e de ficción. Será proposta a realización de presentacións, debates, comentarios de textos e outro tipo de actividades. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. | 20 |
Workbook | A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 | O control das lecturas dos libros de leitura obrigatoria será realizado en sesións específicas na sala de aulas. O control das leituras breves realizadas terá lugar nas sesións correspondentes aos obradoiros. En ambos os casos será avaliada a capacidade de compreensión e síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia. |
10 |
Supervised projects | A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 | Traballo en que ao alumnado, individualmente ou en grupo, estuda de maneira monográfica algún aspecto do temario, de preferencia relacionado con os contidos do tema 2. Contará co apoio e supervisión do profesorado, durante as aulas e en sesións específicas. Serán avaliados o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional e a elaboración de reflexións críticas. | 30 |
Mixed objective/subjective test | A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 | Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. | 40 |
Assessment comments | |||
A cualificación final da materia, sobre un total de 10 puntos, será o Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 5 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Todas as actividades orais e escritas, o traballo tutorizado e a proba mixta deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística. No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo os criterios que constan no documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico antes de que finalize o mes de febreiro. Na oportunidade de xullo serán aplicados as mesmas metodoloxías e os mesmos criterios de avaliación que na oportunidade anterior. A proba mixta será realizada na data marcada pola Facultade de Filoloxía. As outras actividades serán entregues de acordo cos procedementos e os prazos indicados oportunamente polos docentes. O sistema de avaliación na convocatoria adiantada de decembro consistirá nunha proba mixta (50%) e nun traballo tutorizado (50%). O alumnado interesado en concorrer a esta convocatoria deberá contactar o profesorado coa suficiente antecedencia. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior a 50%. |
|