Filosofía e Literatura é unha materia cuxo obxectivo esencial é o de proporcionar, no marco dos estudios literarios, un enfoque específicamente filosófico da creación literaria. Pretende, polo tanto, que o alumno complemente desde unha perspectiva distinta (a que proporcionan os conceptos e teorías filosóficos) a súa visión do feito literario. Por unha banda, aborda como a filosofía ten tematizado a diversidade de xéneros literarios (centrándose en tres deles: ensaio, poesía e narrativa); pola outra, propón exercicios hermenéuticos (é dicir, interpretativos) de textos literarios desde un punto de vista filosófico.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Práctica do comentario por parte do alumnado dos fragmentos extraídos dos textos e elaboración dun traballo persoal (interpretación dun texto literario dende unha perspectiva filosófica)
*Metodoloxías docentes que se modifican
De desaparecer a docencia presencial, manterase o horario oficial de clases con docencia virtual a través de Microsoft Teams. Tamén se ofrecerá a posibilidade de titorías vía e-mail ou mesmo Microsoft Teams
3. Mecanismos de atención persoalizada ó alumnado
Posibilidade de titorías virtuais dentro do horario oficial de titorías
4. Modificacións na avaliación
Suprímese a proba mixta, resultando a cualificación do alumno dos seguintes aspectos: 2 comentarios (40 %) - proba do libro de lectura (30 %) - traballo persoal (30 %)
*Observacións de avaliación:
Os criterios de valoración dos comentarios seguen a ser os vixentes para o ensino presencial
A proba do libro de lectura realizarase virtualmente e constará de cuestións de resposta breve.
No traballo persoal valorarase a aportación persoal na súa elaboración (tanto en contidos como en prantexamento expositivo), dándolle particular relevancia ó esforzo por explicitar o potencial contido filosófico dun texto literario.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
O mesmo que no ensino presencial, facilitaranse ó alumnado arquivos con material complementario sobre la unidades temáticas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías