O traballo de fin de grao supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual,dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores. Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao. Máis información: https://www.udc.es/export/sites/udc/filo/_galeria_down/TFG/normativa/Regulamento_TFG.pdf_2063069239.pdf
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
O ensino e o seguimento se realizarán por medios dixitais, utilizando Moodle, Teams e correo electrónico.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención ao alumno realizarase de modo virtual.
4. Modificacións na avaliación
Ningunha
*Observacións de avaliación:
As probas realizaranse de modo virtual.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías