Speaking test |
A11 A15 B3 B4 B7 B8 |
Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua. |
25 |
Introductory activities |
A1 A2 A3 A15 B3 B6 C6 |
Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. |
15 |
Criterios de avaliación: na primeira oportunidade, o alumno ten que cumprir as seguintes condicións: Aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral. Facer polo menos a mitade das actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de
prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non se presente ás Probas mixta e oral.
Os exercicios terán que entregarse até o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da clase (poden ser unha o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos. Neste caso realizarase a proba en orden alfabético). Estas datas poden variar. Faranse oficiais nas clases.
Na segunda oportunidade se o alumno aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até o día do examen. Non se aceptarán exercicios fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame.
Se o alumno non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as demáis actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación. Os traballos presentados
polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a
detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza
algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). Os alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto dos alumnos e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a convir coa profesora.
|